Thursday 25 de April de 2024

Unha media de cincuenta veciños e veciñas de Frades participaron nos Xoves de Praia


Unha media de cincuenta veciños e veciñas de Frades participaron este verán na iniciativa “Xoves de Praia” que, durante nove días tivo lugar na praia de Barraña (Boiro). Na derradeira excursión deste verán estiveron acompañados polos concelleiros de Cultura, Juan Carlos Portos; Benestar Social, Ánxeles Álvarez; e Turismo, Jesús Francos.

Os “Xoves de Praia” conforman unha das actividades tradicionais do verán en Frades e unha das que maior participación rexistra. A expedición trasládase ata Boiro nun autobús que sae ás 10:00 horas de Frades e que vai recollendo ás persoas participantes nas súas respectivas parroquias e os volve deixar nas mesmas paradas á última hora da tarde, xa que pasan toda a xornada na praia. A única diferenza con respecto a edicións anteriores foi a aplicación das normas anti-covid que obrigaron, por exemplo, ao uso obrigatorio de máscara no propio autobús.